Blogia
RECURSOS EDUCATIVOS INFANTIL

Recursos TIC para os máis pequenos

Recursos TIC para os máis pequenos

 

 

Este blog recompila unha serie de recursos TIC xa existentes na rede para os alumnos de Educación Infantil. Coa súa creación pretendemos complementar o traballo diario das nosas aulas, facéndoo máis motivador e dinámico.


Tentaremos facer unha selección de enlaces a páxinas de xogos e actividades de diferentes contidos que contribúan ao desenvolvemento dos nenos e á súa aprendizaxe significativa.


Este espazo quere ser un punto de encontro de recursos, é dicir, pretendemos que sexa un blog aberto ás propostas de todas e todos. Esperamos que vos sexa unha ferramenta de axuda no voso día a día coas nenas e nenos.

 

 

MANEXO DO RATO

  • Nubes. - Para o inicio do movemento do rato. Hai que evitar que as nubes cubran a pantalla.
  • Xardín. - Para iniciarse co clic do rato. Ao facer clic aparecen flores no xardín.
  • Manequín. - Xogo para coordinar o clic co movemento do rato. Hai que mover o manequín.
  • Cazador de moscas. - Para traballar a direccionalidade e o clic co rato.
  • Boohbah. - Moita variedade de xogos para traballar co rato.



LECTOESCRITURA



LÓXICA MATEMÁTICA

  • Insectos. - Xogo de orientación espacial. Hai que colocar os insectos no lugar axeitado.
  • Conceptos básicos. - Xogos variados que traballan os conceptos básicos: diante - detrás; aberto - pechado...
  • Figuras xeométricas. - Identificación de figuras xeométricas iguais a un modelo dado.
  • Coellos. - Percepción visual. Identificación de cada coello segundo a forma do seu contorno. (Vainos contando en inglés).
  • Regretas de Cuisenaire. - Todo tipo de actividades coas regretas e cos números. Tamén ten fichas para imprimir.



XOGOS VARIADOS

 

 

MÚSICA

  • Educalandia - Dentro podes atopar numerosas actividades, pero destacamos o Bosque das actividades, onde hai moitos exercicios adicados á estimulación musical.
  • O Rincón da Música - Ondes tedes dende explicacións teóricas ata actividades prácticas e audicións.
  • Música - Nesta páxina hai moitos enlaces onde podemos traballar dende a percepción auditiva ata a danza e o movemento.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres